Os Reis Magos preparan a súa visita a Vilar de Santos e, para que ningún neno quede sen velos na localidade, dende o Concello pídenlles que escriban as súas cartas dirixidas a eles. Para facelo poden descargar unha plantilla de carta para os Reis Magos aquí ou recollela tanto no Concello como na biblioteca.
Unha vez cuberta polos máis pequenos, pedindo todas aquelas cousas que agardan atopar nos seus fogares o 6 de xaneiro, deberán depositalas no Buzón Real instalado en Vilar de Santos. O máis importante de todo, deben facelo antes de mañá para que cheguen con tempo ás súas Maxestades.
O percorrido que terán os Reis Magos na súa visita a esta localidade limiá comezará o día 5 ás 16:00 horas no centro de día. Esa será a primeira parada, na que tamén compartirán día cos maiores, para logo trasladarse á escola de Laioso, a Breixome, ao parque da Venda, ao pilón de Toxediño, a aira de Outeiro, ao exterior da igrexa de Parada, á entrada do Vieiro, ao forno da Ponte/ O Mosqueiro, á escola de Casas da Veiga, ó forno de Barrio e por último ata a Casa do Concello en Vilar de Santos, onde chegarán sobre as 18:30 horas.