domingo. 24.11.2024

Este sábado 25 de setembro dende as 11:00 da mañá terá lugar a cuarta edición do Festival Son Labrego no Concello de Vilar de Santos. Un evento de temática ecoloxista e rural que xurdiu fai anos por iniciativa do grupo de mocidade do Sindicato de Labregos Galegos, preocupados por informar sobre o sector productivo de dito ámbito. O festival festéxase cada ano nun lugar concreto de Galicia, e neste 2021 o elexido resultou ser Vilar de Barrio.

O lema desta edición é Aires Novos, o cal recorda a etapa pandémica que queremos deixar atrás para comezar unha época máis positiva e alude ao ano pasado, data na que o evento non se puidera celebrar. Tamén fai referencia á temática principal das palestras: o ecoloxismo aplicado ás preocupacións do día a día -sobre todo para os traballadores do rural- , como a electricidade e a enerxía eólica, o acaparamento de terras e a produción extensiva...

O festival recollerá esa parte máis informativa, que dará máis pé ao debate e o plantexamento de novas opcións aplicadas á produción no rural, para unila a unha gran variedade de opcións lúdicas e culturais relacionadas coa sostibilidade -coma concertos, degustacións, actividades variadas para os cativos...- Colaboran no evento a Arca da Noe e o espazo Carabuñas, lugar no que terán lugar a maior parte das actividades.

O programa completo do festival será o seguinte:

  • No tocante a palestras:

- 11:00. Verde é sustentábel?: debate sobre a minaría verde, a enerxía eólica e as alternativas ao uso do petróleo.

- 13:00. Obradoiro de autodefensa eólica: información administrativa e ferramentas sobre a temática dos eólicos.

- 16:30. Enraizando e resistindo. A agroindustria contra a vida: exposición de alternativas sostibles á produción intensiva que se está a realizar na comarca da Limia.

  • Obradoiros:

- 12:30. Ao son do sabugueiro: cata de produtos Carabuñas.

- 17:00. Aberto de Billarda: campionato do deporte.

- 18:30. Xeopolítica da apicultura: cata de mel.

Obradoiro de danza tradicional para adultos: impartido por Alba Rodríguez Cid.

Tecendo saberes: obradoiro sobre o traballo con liño. Neste caso, a clase levarase a cabo no Museo Etnográfico da Limia.

  • Espazo infantil:

- 11:00. Obradoiro para pequenos/as activistas: da man de Inma Soto, no cal realizarán muíños de vento artesanais.

- 12:30. Contos: lectura por parte de Iseo a Moura.

- 16:30. Obradoiro de danza tradicional para cativos: impartido por Alba Rodríguez Cid.

- 18:00. A escola do Sr. Don Gato e malabares: levado a cabo por Ramón Mouricios.

  • Música:

- 14:00. Pinchada con Russinha.

- 19:30. Concerto de Airiños de Freba

  • Comida:

- 15:00. Xantar comunitario: a cargo de A arca da Noe.

Tanto para o anterior xantar coma para a actuación de Airiños de Freba será necesario facer unha inscrición previa a través deste enlace: https://forms.gle/uMKccYgQXBj5YJSq8 .O prezo conxunto de ámbolos dous é de 20 euros.

Durante todo o festival exporase unha feira sostible con diversos postos de produtos artesanais, principalmente do comercio local.

NOTICIAS A LIMIA | Vilar de Santos acolle o ecoloxismo co IV Festival Son Labrego