jueves. 21.11.2024

O Museo da Limia abriu hoxe as portas a outra nova exposición de autores vinculados ás terras do Limia. Esta vez foi elixido o pintor natural de Vilariño das Poldras, Manuel Traveso Santana. Un artista de Sandiás que comezou a desenvolver a súa obra a partires do ano 1990, amosando nela un constante compromiso coas tradicións e a xente do mundo rural.

Asistentes á inauguración da exposición de Manuel Traveso no Museo da Limia.Asistentes na inauguración da exposición de Manuel Traveso no Museo da Limia. | FOTO: Museo da Limia.

O autor incorporará ao recinto cultural de Vilar de Santos un pequeno conxunto das súas obras pictóricas agrupadas baixo o nome de "Os Camiños da Vida". Poderanse observar un total de 18 láminas pintadas a pluma polo artista limiá. As representación de paisaxes, retratos, e situacións cotiás do pasado -coma as labores agrarias e artesanais- estarán moi presentes nas súas creacións.

A exposición estará aberta ata o día 31 de decembro deste ano. Poderase visitar os sábados e os domingos de 11:30 a 13:30 e de 16:00 a 18:00.

NOTICIAS A LIMIA | O Museo da Limia incorpora unha exposición do pintor limiá, Manuel...