sábado. 19.04.2025

O vindeiro sábado 26 de abril, a pequena aldea de Saa (Vilar de Santos) converterase nun escenario vivo de celebración, simbolismo e memoria ancestral coa chegada da Festa da Arracada – Ano II, dedicada á festividade do Beltaine, un dos grandes momentos do calendario celta.

 

Organizada polo Concello de Vilar de Santos, coa colaboración de Civitas Limicorum, esta xornada pretende ser unha ponte entre o pasado e o presente, recuperando e reinterpretando rituais e tradicións vencelladas á chegada do bo tempo, á fecundidade da terra e aos ciclos da natureza.

 

A programación incluirá actividades pensadas para todos os públicos e converterá Saa nun espazo único de encontro coa cultura, a música, a simboloxía e a convivencia. Nas vindeiras datas daranse a coñecer todos os detalles da festa, que promete consolidarse como unha cita imprescindible no calendario cultural da comarca.

 

Cartel da segunda festa da Arracada no Concello de Vilar de Santos.

Vilar de Santos volve ao pasado para celebrar o Beltaine na segunda Festa da Arracada