jueves. 21.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia vai dixitalizar a colección de xornais de principios do século XX que custodia na Casa da Cultura. Trátase de 55 exemplares de 11 cabeceiras que foran doados á institución municipal polos herdeiros do xornalista e escritor Antonio Nieto Oliva e polo xornalista Manuel Gómez Colmenero no ano 2000.

Co obxectivo de salvagardar a que é unha das coleccións mais importantes conservadas nunha vila do tamaño de Xinzo de Limia, o concelleiro de Cultura e segundo teniente alcalde, Carlos Gómez Salgado, e a directora da Biblioteca de Galicia, Noelia Bascuas, asinaban o acordo para a súa dixitalización.

Diste xeito, garántese a conservación da colección de xornais e a súa posta a disposición de investigadores e interesados a través de Galicianaa biblioteca dixital de Galicia. Galiciana garda dixitalizados os fondos bibliográficos máis relevantes de Galicia; non só os da propia Biblioteca de Galicia, tamén das principais bilbiotecas patrimoniais e das máis relevantes institucións culturais galegas.

Memoria colectiva

A colección de xornais foran doados no 1998 ao Concello de Xinzo de Limia. Dende entón, gárdanse na Casa da Cultura da vila. A ampla variedade de cabeceiras que existían a comezos do século XX fai pensar na grande actividade socio cultural que se deselvolvía na capitalidade da comarca.

Entre os exemplares encóntranse 6 cabeceiras da Limia, catro de Verín e unha do Carballiño. Como curiosidade, o máis antigo da colección é un exemplar de La víbora, xornal de Verín datado no 7 xaneiro de 1906. Entre as cabeceiras limiás, encóntranse exemplares de El Eco antelano, Juventud, El agrario, El Camelo, El látigo e El pueblo antelano.

La víbora, El cencerro, El eco de Monterrey e Heraldo de Verín son as cabeceiras da comarca do Támega; mentres da zona do Carballiño gárdase un exemplar de Ambiente

LA IMAGEN DE... | A salvagarda da memoria xornalística