Cristina Corbillón
5 de julio de 2021, 18:07
Comenza en Xinzo o Campamento de Verán para todos os rapaces nacidos entre 2008 e o 2014. Esta iniciativa pretende favorecer a conciliación durante as vacacións escolares. Os nenos poden participar en xogos de orientación, senderismo, tenis, olimpiadas, piscina e diferentes obradoiros.
Campamento de Verán en Xinzo de Limia.
As prazas para poder participar son limitadas e todos os interesados deben inscribirse no Pavillón de Deportes ou na Casa da Cultura. Dependendo das datas nas que se prefira asistir e de si os nenos están empadroados no concello cobraranse as distintas tarifas. Para poñerse en contacto coa organización poden enviar un email a [email protected] ou chamando ao teléfono 988 46 10 20.