CORONAVIRUS A LIMIA | Baltar, primeiro concello da provincia sen casos de covid
Baltar converteuse este venres no primeiro (e único) concello da provincia que volve estar sen casos activos de covid-19, segundo informou o SERGAS. Nesta sexta onda da pandemia, Baltar estivo por última vez a cero o 2 de decembro do ano pasado. Máis de dous meses despois, o concello rexistra de novo cero casos nun día. Baltar alcanzou o seu pico durante esta onda o pasado 12 de xaneiro, con 19 contaxios activos aquela xornada.
A última vez que algún concello limiao estivo a cero foi o 3 de xaneiro. Nesa data, Calvos de Randín e Porqueira continuaban sen rexistro ningún desde o día de Noiteboa.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -1) 0 (activos)
OS BLANCOS (+3) 10
CALVOS DE RANDÍN (=) 4
PORQUEIRA (=) 7
RAIRIZ DE VEIGA (=) 10
SANDIÁS (+1) 15
SARREAUS (=) 7
TRASMIRAS (=) 5
VILAR DE BARRIO (-1) 17
VILAR DE SANTOS (=) 4
XINZO DE LIMIA (-1) 144
Nesta sexta onda da pandemia, Baltar estivo por última vez a cero o 2 de decembro do ano pasado.
Hoxe hai seis concellos que se manteñen na cifra de onte, mentres en Xinzo o número baixa nun caso. No total da comarca, a cifra pasa dos 222 de onte aos 223 de hoxe. A variación durante toda a semana foi mínima, mais a tendencia á baixa continúa.