CORONAVIRUS A LIMIA | Drástica redución en Xinzo entre onte e hoxe: un 19,8%
Vilar de Santos converteuse no segundo concello da Limia en colocar o contador de casos activos a cero. O primeiro foi Baltar, que este mércores segue sen anotar rexistros. Nos meses que van de sexta ola, o concello de Vilar de Santos non estaba sen contaxios desde o pasado 29 de outubro.
A outra nota salientábel desde mércores é a drástica redución de casos nun só día en Xinzo de Limia. Despois de varias semanas de leves baixadas, entre onte e hoxe rexistráronse 25 casos menos. É dicir, un 19,8% de baixada nun só día. Xinzo de Limia está case de volta ao números da última semana de decembro. Hoxe apenas supera por 1, os cen casos.
No resto de concellos a estabilidade foi máxima: Os Blancos, Calvos, Porqueira, Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Barrio seguen igual que onte. Houbo baixada notábel en Sandiás, tres casos menos... e en Vilar de Santos, de un a ningún. No conxunto da comarca hai activos 155 casos este mércores.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 0 (activos)
OS BLANCOS (=) 7
CALVOS DE RANDÍN (=) 2
PORQUEIRA (=) 4
RAIRIZ DE VEIGA (+3) 10
SANDIÁS (-3) 11
SARREAUS (=) 2
TRASMIRAS (=) 3
VILAR DE BARRIO (=) 16
VILAR DE SANTOS (-1) 0
XINZO DE LIMIA (-25) 101
En canto aos datos de incidencia, Xinzo de Limia volve estar en 70 contaxios novos nos últimos 7 días, e en 157 nos últimos 14. En Vilar de Santos, Baltar e Sarreaus non se anotaron novos casos nos últimos 7 días.
No plano provincial, a cifra reduciuse un 5% desde o luns. Con datos de onte ás seis da tarde, Ourense rexistraba 3.648 casos activos, 196 menos que o día anterior.