En Xinzo de Limia o número de casos activos reduciuse en 4 este mércores a respecto de onte. Tamén baixaron os rexistros en Baltar, Os Blancos, Porqueira, Rairiz, Sandiás, Trasmiras e Vilar de Santos. No conxunto da comarca hai hoxe 292 contaxios rexistrados, o 60% concéntranse en Xinzo,que ten 178.
A excepción na tendencia xeral á baixada é Vilar de Barrio. Hoxe volven subir alí os números. Rexistra 2 casos máis que onte e xa é o segundo concello por detrás de Xinzo en cantidade. Ten 21 casos activos.
O SERGAS informou esta mañá que na provincia de Ourense a cifra de casos está nos 6.015. En Xinzo, o número de casos novos nos últimos catorce días (até onte) é de 239; a incidencia nos últimos sete días é de 106 casos novos.
Así están os rexistros
BALTAR (variación -1) 3 (activos)
OS BLANCOS (-1) 13
CALVOS DE RANDÍN (=) 8
PORQUEIRA (-1) 13
RAIRIZ DE VEIGA (-1) 9
SANDIÁS (-1) 14
SARREAUS (=) 12
TRASMIRAS (-1) 5
VILAR DE BARRIO (+2) 21
VILAR DE SANTOS (-2) 16
XINZO DE LIMIA (-4) 178