sábado. 23.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia fai saber que este ano retomarase as feiras da Pataca e da Maquinaria Agrícola, unidas nun mesmo fin de semana e nun mesmo espazo, dende o tres ao cinco de setembro no Pavillón Municipal e nos seus exteriores. A idea é que se converta nun referente do sector no norte de España e para reducir o número de feiras por precaución pola Covid - 19. Nesta novidosa feira traballan a concellería de Promoción Económica, Mnauel Pérez; e a de Medio Rural tutelada por Amador Díaz. Díaz pensa que esta iniciativa "é converter esta feira nuna referente do norte de España e nisto estamos traballando"

No interior do Pavillón prevén instalar todo o relacionado á pataca, da man de produtores, asociacións ou almacenistas. Está programado un showcooking, isto é; unha elaboración de comida frente aos clientes ou comensales. No exterior do recinto estará todo o referente a maquinaría agrícola

O Goberno local desta vila aprobará no pleno deste venres unha modificación do crédito para a súa financiación. Ademáis, tamén se dará luz verde a unha modificación da ordenanza reguladora da taxa pola ocupación de terreos de uso público para cobrar aos postos de maquinaria que se instalen no espazo que se lles habilitará, xerando así ingresos adicionais. 

As Feiras da Pataca e a de Maquinaria volverán a Xinzo a comenzos de setembro