29 de marzo de 2022, 10:00
A Garda Civil detivo en Allariz a unha cidadá colombiana, veciña de Xinzo de Limia, como presunta autora dun intento de roubo nunha farmacia de Allariz, segundo informou a Comandancia da Garda Civil de Ourense este martes.
Segundo a Garda Civil, a detida accedeu ao interior da farmacia e sorprendeu á propietaria, que se atopaba de costas á porta, e ameazouna "cun obxecto non identificado". Despois dun breve disputa, a propietaria do establecemento conseguiu separarse e a agresora fuxiu levándose un teléfono móbil.
A veciña de Xinzo, de 36 anos, está investigada por un delito de roubo con violencia e intimidación en grao de tentativa. O caso séguese no Xulgado de Ourense, segundo informa a Comandancia.