Co obxectivo de facilitar a conciliación familiar durante as vacacións escolares e ofrecer unha alternativa educativa e divertida para a infancia, o Concello de Xinzo de Limia pon en marcha o "Easter Camp", un campamento gratuíto dirixido a nenas e nenos de entre 4 e 12 anos.
As actividades desenvolveranse os días 14, 15 e 16 de abril no Pavillón de Deportes, en horario de 9:00 a 14:00 horas. Ao igual que no pasado "Christmas Camp", esta nova edición combinará o xogo e a creatividade coa práctica do inglés, promovendo un lecer saudable e enriquecedor.
O campamento contará con 20 prazas, que se asignarán dando prioridade ás familias que máis o necesiten, conforme a criterios establecidos polos servizos sociais.
As persoas interesadas poden inscribirse ata o 28 de marzo chamando ao teléfono 988 680 165.
Esta iniciativa, impulsada pola concellería de Servizos Sociais e o Centro de Información á Muller, reafirma o compromiso do Concello coa educación, o apoio ás familias e a creación de espazos de aprendizaxe activa tamén fóra do ámbito escolar.
