Cristina Corbillón
24 de junio de 2021, 18:06
Os contedores do casco urbano e do rural de Xinzo foron sometidos a un proceso de limpeza nos últimos días. Os encargados destas tarefas foron os operarios da Deputación de Ourense. Esta acción realízase unha vez ao ano na totalidade dos recipientes do municipio e unha segunda vez nos do núcleo urbano.
En total, limpáronse 720 de cor verde e 307 amarelos.