lunes. 25.11.2024

Hoxe, reanudánse as propostas formativas da Universidade de Santiago de Compostela (USC) pero, esta vez, serán na Casa da Cultura de Xinzo polo éxito de participación. O seminario leva por título "Competencia intercultural, empregabilidade e participación. Vías para a inclusión sociolaboral de persoas migrantes" celebrase dende o 28 ata o 31 de maio. Serán 20 horas de formación e hai que asistir ao 80% do curso para a obter a certificación.

Lembramos:

Todos os que queiran apuntarse poden facer a súa inscripción na área de Educación, Inmigración e Minorías do Concello ou chamando ao número de teléfono 988 55 05 28. 

  • Venres 28: sesión introdutora de 16:00 a 21:00 horas. Entregarase o material, presentaranse os contidos e os asistentes recibirán orientacións na realización do traballo individual. Está previsto que ao acto de apertura acuda a alcaldesa, Elvira Lama, e o concelleiro de Servizos Sociais, Alberto Martínez. Durante a sesión intervirán os expertos Alexandre Sotelino Losada, Ana Vázquez Rodríguez e Xosé Losada Enríquez

 

  • Sábado 29: De 9:30 a 14:30 horas, con nocións sobre a competencia intercultural e para a construción dunha traxectoria profesional no marco migratorio. A inserción socioeducativa como vía para a empregabilidade será outro dos temas a tratar nesta xornada que será dirixida por Miguel Santos Rego e Jesús García Álvarez. Tamén está previsto que ás 13:30 horas se faga a entrega dos diplomas do seminario "Educación e Participación Social: O coñecemento dos valores da sociedade de acollida", celebrado con anterioridade.

 

  • Luns 31: Sesión telemática de seguimento dos traballos. Os participantes contarán cunha titoría individual para o seguimento dos traballos e daranse pautas para a súa mellora e optimización.

Retómanse as xornadas formativas promovidas pola USC na Casa da Cultura