A alcaldesa de Xinzo, Elvira Lama, acompañada polos concelleiros Amador Díaz, Ramón Gómez e Manuel Pérez Campos, membros do goberno municipal, visitou esta mañá o campamento da Festa do Esquecemento instalado no Toural. Mentres numerosos grupos remataban de construír as súas casetas, a alcaldesa e os concelleiros conversaron co presidente da Civitas Limicorum, Marcos Argibay. Todo está preparado para o Esquecemento 2022 que arranca mañá e o compromiso municipal parece máximo nesta edición que recupera unha das dúas grandes festas históricas da comarca.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.