Arrancou a Festa do Esquecemento 2022 con numeroso público no campamento a partir das oito da tarde, mentres castrexas e romanas remataban os últimos detalles das construcións e empezaban a prepararse para o desfile da noite. Arrancou a Festa do Esquecemento con boas expectativas no mercado de artesanía, con artesanas chegadas mesmo de Lugo ou Asturias. No mesmo espazo do parque tamén se puñan en marcha os xogos para os máis cativos. Xinzo comeza a segunda quincena do mes de agosto cunha festa única e que se espera atraia centos de visitantes de toda a comarca.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro.