Galería de imaxes da recepción aos visitantes, entrega do Premio Bispo Idacio e actividade no parque cos xogos romanos e o taller de chaveiros celtas. Pola mañá, no campamento, Marcos Argibay foi o mestre de cerimonia do acto de benvida aos visitantes de Astorga, Cartaxena e Lugo. Tamén houbo intercambio de agasallos co Concello de Xinzo, representado por Ramiro Rodríguez; e se celebrou a entrega do Premio Bispo Idacio a Carlos Gómez Salgado pola súa contribución á Festa do Esquecemento. Pola tarde, coa xincana estirándose até as sete, o campamento estivo case baleiro até a hora do desfile, e o público concentrouse coa cativada na zona do parque, co mercado de artesanía a plena actividade, os xogos e atraccións e o obradoiro de chaveiros celtas impartido polo grupo castrexo de Lugo que se incorporou á Festa.