Onte sábado quedou instalada na Praza Maior de Xinzo de Limia a exposición A Limia Castrexo-Romana que describe os mundos castrexo e romano e o inicio da romanización no Noroeste da Península. A Limia Castrexo-Romana expresa a aposta da Asociación Civitas Limicorum por afondar e divulgar a base histórica e consolidar o carácter histórico e cultural da Festa do Esquecemento, que vivirá os seus días grandes o 19, 20 e 21 de agosto. A alcaldesa, acompañada polo concelleiro de Cultura e outros membros do goberno local, inaugurou a exposición e animou a veciñas e veciños a participar da Festa.
FOTOGRAFÍAS: Noelia Caseiro