A Charanga XL despediuse de Xinzo e do Entroido como colectivo musical entroideiro nunha actuación na praza Maior este mércores véspera de Xoves Santo. A veciñanza acudiu curiosa e agradecida e disfrutou dalgunas pezas dun repertorio XL: na derradeira (actuación). Houbo tempo para o cine. Unha breve peza, titulada O Legado, que mostra como o importante da tradición entroideira é a transmisión entre xeracións, un sentimento que se lega a través da palabra. A alcaldesa, o concelleiro de Cultura, o presidente da Asociación da Pantalla e o autor do guión presentaron a peza. Despois seguiu a festa, nunha praza ateigada e boa temperatura primaveral. Hai ganas de rúa.