O equipo júnior masculino do A.B. Xinzo venceu ao Blanco Amor de Ourense (74-58) na final da Liga provincial da categoría e proclamouse campión diante do seu público, que encheu este domingo a grada principal do pavillón. Os de Gabi Mandianes foron sempre por diante con vantaxe, mais sufriron no terceiro cuarto, que foi o máis disputado do choque, e resolveron malia os nervios no último período sen demasiados apuros. Ao encontro asistiron a alcaldesa e varios concelleiros do goberno municipal. Rafael Penabad, responsábel de deportes, foi o encargado de entregar os trofeos e as medallas aos xogadores.