Neste domingo de celebración, o bispo Monseñor José Leonardo Lemos inaugurou na capela de Trasmiras un novo retablo xunto a unha placa conmemorativa -na cal se fai alusión a todos os veciños do pobo que colaboraron para facer posible a estrutura dentro do lugar de culto-.
O bispo bendeciu o novo retablo e acompañou ao cura, o diácono, e demais membros e habitantes da parroquia a unha misa en honra á Virxe da Gracia de Trasmiras. O acto solemne realizouse a escasos metros da capela, lugar ao que se chegou cunha procesión que homenaxeaba a dita virxe.
Antes de iniciar o camiño, a banda da escola de Trasmiras interpretou brevemente un par de pezas para amenizar a inauguración. E durante a misa, o coro de Trasmiras ofreceu unha serie de cancións litúrxicas para acompañar aos relixiosos en toda a velada.