As festas de Vilar de Santos congregaron a un bo número de veciños espectantes ante un dos momentos máis agardados: a gran tortillada. A localidade celebraba, ista fin de semana, tres días de festas nas que houbo actividades para todos os gustos: música e baile, deporte, actos relixiosos, gastronomía, festa da escuma e xogos para os máis pequenos.
Comezaban as festas o venres, cun partido de fútbol e música para os máis novos. O sábado, xa de mañá a alborada chamaba á veciñanza a participar na misa e na procesión, para continuar cunha sesión vermú ateigada de xente.
Os xogos populares e a festa para a cativada na piscina foron os actos programados para a tarde do sábado, dando paso á gran cea popular de confraternidade veciñal. O concerto na Arca da Noe e a gran verbena remataban a xornada.
O domingo tamén contou con actos relixiosos e sesión vermú. A cativada refrescábase na festa da escuma á espera dun dos grandes momentos das festas: a gran tortillada. Non faltaron mans para axudar a cociñala e, todos, puideron catar a destreza dos cociñeiros. A xornada puña o punto final as festas con música.