FÚTBOL A LIMIA | O Antela recupera a Pisto, Juan e Pablo Forri para medirse ao Vilariño
Juan e Pablo Forri e Pisto volven á convocatoria do Antela no inicio da fase de ascenso mañá domingo (16:30 horas na Moreira) diante do Atlético Vilariño, unha das sorpresas da competición, que chega con 3 puntos despois de rematar segundo do Grupo A na fase anterior. Causa baixa Pancho, e mantéñense na convocatoria os xuvenís Xabi Lamas (titular en Celanova) e Borja Carballo (autor do terceiro gol o domingo pasado).
Malia a baixa sensíbel de Pancho, o Antela chega no mellor momento da tempada, cun once consolidado, dúas vitorias e cinco goles nos dous últimos partidos, xornadas clave, da fase anterior. Os de Óscar Sabucedo empezan a loita polo ascenso (só o campión subirá a Preferente) con 2 puntos.
O Antela está por detrás do seu rival de mañá, que ten 3 puntos, igual que o Allariz; e arranca en desvantaxe tamén co Sporting de Celanova, que comeza con 5 puntos esta fase como campión do Grupo B. O outro campión, A Peroxa, sumou este sábado outros tres puntos ao vencer en Barbadás (1-2) no primeiro partido desta fase e xa leva 8 puntos.
O Atlético Vilariño só perdeu dous partidos na primeira fase, os dous nos que se mediu ao campión A Peroxa. Como visitante, sumou 3 vitorias e 4 empates.
A xornada primeira xornada da loita polo ascenso completarase este domingo cos enfrontamentos: Celanova-Maside e Allariz-Carballiño. Os equipos locais son favoritos.
O seguinte gráfico mostra o calendario completo do Antela nesta fase de ascenso: