jueves. 21.11.2024

O Antela xoga esta noite (21.00 horas) na Tella, en Luintra, diante do Nogueira de Ramuín, equipo que a tempada pasada descendeu de Preferente, o seu primeiro amigábel de preparación fóra da Moreira e o penúltimo antes de recibir ao Pontevedra B na xornada inaugural da Liga. Óscar Sabucedo chamou ao dianteiro David Lamas, que disputou os tres últimos partidos co filial, para completar o cadro de xogadores que se mide ao ex equipo de Juáncar.


O Antela disputará o seu quinto amigábel, despois dos encontros diante do Loñoá (5-0), o Monterrei (0-0), o Pabellón xuvenil (3-0) e, o pasado domingo, fronte á U.D. Ourense (0-2). No último partido, por diferentes motivos, estiveron ausentes Suso, Sergi e Breixo. 


Durante a pretempada, Sabucedo leva probados 26 futbolistas: tres porteiros, oito defensas, oito centrocampistas e sete dianteiros. Hai dúas semanas decidiu que Aarón, Adrián, Anxo e David Lamas comezasen a xogar co filial, mentres mantivo a Tiago Teixeira, un xuvenil que asentou no primeiro equipo. A once días do debut en Liga, o cadro técnico parece ter definido un once titular, mais tamén envía a mensaxe de que segue contando cos 26 (e outros recursos que poida precisar do filial).


A previsión do Antela é celebrar a semana próxima un novo partido amistoso (diante do Maside), o xoves previo á primeira xornada de Liga, que de non haber cambios, se disputará na Moreira á tarde do domingo 11. A entrada para esta temporada custará 8 euros, por acordo de todos os clubs de Preferente. O Antela segue coa súa campaña de socios, co carné individual a 50 euros (dez máis que o ano pasado).
 

Tamén hoxe, 1 de setembro, comezan os adestramentos os equipos de base das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo. Os benxamíns, ás 16:30 horas no Fernández Carrera; os alevíns, ás 18:00; e os cadetes, ás 19:30, todos no mesmo escenario. Prebenxamíns e infantís empezarán mañá a pretempada. As Escolas Deportivas do Concello de Xinzo xestionan o fútbol base en Xinzo, mentres o Antela F.C. dispón dun equipo en categoría xuvenil. O acordo este verán entre ambas entidades permitiu o nacemento do Antela Xinzo (aínda que no rexistro federativo por cuestións regulamentarias figura como Antela B).

Antela xuvenil 2023 (FILEminimizer)
O Antela xuvenil, a semana pasada no Fernández Carrera. | FOTO: Antela F.C.

O equipo xuvenil do Antela disputou onte o seu segundo amistoso. Venceu na Moreira ao Vilar de Barrio (4-3). A semana pasada xa vencera no primeiro amigábel (6-0, diante do Polígono).


 

FÚTBOL A LIMIA | Penúltimo amigábel do Antela a once días de recibir ao Pontevedra B na...