Ao longo desta semana, o equipo de Biocoidados do CDR O Viso levou a cabo unha actividade con respecto ao proxecto. As Xornadas Informativas de Participación Cidadá recorreron varias aldeas da comarca -Laroá, en Xinzo; e Freixo e Lodoselo, en Sarreaus- para recoller suxerencias e implicar ás comunidades. Con estas xornadas, buscan crear de forma conxunta os piares e accións a desenvolver en Biocoidados.
Estas xornadas desenvolvéronse para que o equipo de Biocoidados se relacione coa poboación e así coñecer de primeira man as súas demandas e necesidades. En Laroá falaron de todas as accións que se realizaban e que continúan a facer na aldea, sendo un exemplo de comunidade dinamizada. No caso de Freixo, recordaron o espírito de unión doutras épocas e as actuación que seguen a fomentar o sentir de comunidade. Por último, no encontro de Lodoselo compartíronse experiencias, incluso as vivencias de xente que forma parte do proxecto, para achegar a mensaxe e comprender o que é este proxecto.
Os encontros leváronse a cabo nun ambiente relaxado para compartir entre todos. Algunhas delas foron a posta en marcha dun taller de memoria para homes ou un grupo de teatro, calquera iniciativa que permita compartir inquedanzas e necesidades co obxectivo de reactivar os coidados comunitarios que axuden a previr a institucionalización da xente que vive no rural e impulsar novos modelos de coidado.
Pacto con educadores sociais
O CDR O Viso mantivo esta semana unha xuntanza con Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia para facelo partícipes do proxecto Biocoidados. No encontro representantes do centro limiao e de Portas Abertas amosaron a evolución do proxecto nas comarcas onde están a traballar, dándolle forma ao acordo de colaboración ao que chegaron par difundir Biocoidados entre o persoal colexiado.
O acordo de colaboración ao que chegaron tiña por obxectivo a creación da Comisión de Seguimiento e Avaluación das Boas Prácticas do proxecto, polo que na reunión falaron da elaboración e difusión dunha guía que recolla as boas prácticas de traballo comunitario para previr a institucionalización no rural.