domingo. 24.11.2024

Despois da alarma do venres, os datos deste luns confirman que a sexta onda segue afectando a Xinzo de Limia, mais a subida dun 34% entre o xoves e o venres viuse mitigada hoxe, con cifras acumuladas dos últimos dous días. Entre o venres e hoxe Xinzo pasou de 78 a 83 casos activos, un 6% máis.


Xinzo de Limia leva seis días rexistrando un aumento das cifras de contaxios. Desde o día 2, o mércores da semana pasada, cando marcou o mínimo do ano con 51 casos, a suba foi dun 60%. En total, 32 casos activos máis a día de hoxe.


Así están os rexistros
BALTAR  (variación +1) 2 (activos)
OS BLANCOS  (=) 1
CALVOS DE RANDÍN (=) 3
PORQUEIRA  (+2) 5
RAIRIZ DE VEIGA (-3) 4
SANDIÁS (+2) 6
SARREAUS (-1) 0
TRASMIRAS  (=) 6
VILAR DE BARRIO (+3) 4
VILAR DE SANTOS  (+3) 4
XINZO DE LIMIA  (+5) 83


No conxunto da comarca hai este luns 12 rexistros máis que os anotados o venres, para un total de 118. A respecto da semana pasada, as cifras soben en Baltar, Porqueira, Sandiás, Vilar de Barrio, Vilar de Santos e Xinzo. Mentres tres concellos seguen igual, e só baixan Rairiz e Sarreaus. Este último, o único concello da comarca sen casos. 


Sarreaus non estaba sen casos activos desde o 15 de novembro de 2021, hai máis de catro meses. Ademais, Sarreaus non rexistrou novos contaxios nos últimos 7 días, segundo a estatística de incidencia acumulada. É o único concello da comarca nesta situación.


Sarreaus non estaba sen casos activos desde o 15 de novembro de 2021, hai máis de catro meses. 


Nunha situación máis difícil está Xinzo de Limia, que volve ver incrementarse a estatística de incidencia acumulada a sete días, agora hai 69 novos casos detectados nese período. Nos rexistros dos últimos 15 días, Xinzo anota 103 novos casos. É dicir, nas últimas semanas incrementáronse os contaxios detectados.
 

CORONAVIRUS A LIMIA | Continúa o ascenso da cifra de casos activos en Xinzo, pero máis...