O SERGAS informou esta mañá que non están previstos cribados específicos naquelas localidades que reuniron maior número de visitantes durante os días de Entroido. "Os cribados planifícanse en función da evolución epidemiolóxica. Ante a detección da máis mínima necesidade farase igual que se ten feito ata agora. Os auto-covid dos tres hospitais seguen funcionando con normalidade e ante sintomatoloxía compatible continúan a realizarse test de antíxenos nos centros de saúde e PAC", respondeu o SERGAS a unha pregunta do Diario do Limia.
En Verín mantéñense activos 59 casos este xoves, segundo as mesmas fontes. En Xinzo son 58; 45 en Manzaneda, e 30 en Viana. O SERGAS indica que en Ourense hai 733 casos activos, e as cifras maiores concéntranse, ademais da capital, no Carballiño, Ribadavia, Barbadás ou O Barco, "con máis casos que en Verín ou Xinzo".
Na comarca, debido á subida en Xinzo (+7) e os casos detectados nos Blancos, Rairiz e Sandiás, a cifra elévase este xoves a 83 casos. Son dez máis que onte. Unha subida nun só día dun 14%. Os Blancos, o único concello que estaba a cero, volve anotar un caso.
Tamén apunta un lixeiro repunte a cifra de incidencia acumulada. O número de novos casos detectados nos últimos sete días, que era de 26 e mantiña unha liña descendente, volveu subir a 31. En canto ao número de contaxios activos, por vez primeira en semana non houbo un só concello que vise reducida a cifra. En seis concellos non houbo variación entre onte e hoxe.
Así están os rexistros
BALTAR (variación =) 1 (activos)
OS BLANCOS (+1) 1
CALVOS DE RANDÍN (=) 1
PORQUEIRA (=) 3
RAIRIZ DE VEIGA (+1) 8
SANDIÁS (+1) 4
SARREAUS (=) 1
TRASMIRAS (=) 4
VILAR DE BARRIO (=) 1
VILAR DE SANTOS (=) 1
XINZO DE LIMIA (+) 58