viernes. 22.11.2024

O Comité clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia provocada pola Covid-19, vén de acordar que o concello de Xinzo de Limia pasa do nivel medio de restricións ó baixo; o que implica a ampliación do aforo da hostalaría, que nas terrazas pasará do 50% ó 75% e en interiores aumentará do 30% ó 50%. 

Ademais, a asemblea de expertos determinou o establecemento do nivel máximo de restricións nos municipios da Pobra do Caramiñal e O Grove; e do nivel alto en seis concellos galegos, nomeadamente, na Pobra do Brollón, Rábade, O Irixo, Monterrei, A Illa e Carral. Esta medida implica que as reunións de non conviventes poden chegar a seis no exterior e a catro en espazos públicos, pero nunca deben realizarse en domicilios particularesA hostalaría ten o tope de peche ás nove da noite, pero só pode atender nas terrazas e ao cincuenta por cento.

Así mesmo, quedarán no nivel medio de restricións os municipios de Beade, Cortegada, Padrenda, O Carballiño, Boimorto, Sanxenxo, Meis, Cangas, Gondomar, Moaña e Baiona.

Todas estas medidas entrarán en vigor ás 00:00 horas do vindeiro venres, 9 de abril.

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo pasa ao nivel mínimo de restricións