O goberno local de Xinzo de Limia comprometeuse coa Universidade de Santiago de Compostela (USC) a facilitar un espazo para "o desenvolvemento das sesións formativas con conexión a Internet" como parte dun convenio para levar a cabo o Programa Democratización do Coñecemento no ano 2022. Trátase de que persoas maiores de 50 anos poida ter acceso a estudos universitarios.
O Concello de Xinzo de Limia tamén se fará cargo dos autobuses para a realización da parte práctica dos seminarios e garantiu unha representación no acto de clausura e entrega de diplomas.
Tamén nomeará "un técnico ou técnica como contacto coa SecretarÃa do Programa e coa función de matricular á poboación de máis de 50 anos". O Concello no especifica que departamento se ocupará destas xestións.
A alcaldesa de Xinzo de Limia, Elvira Lama, considera que este tipo de acordo "é especialmente importante en municipios do rural, como Xinzo de Limia, pois supón achegar o coñecemento a aquelas persoas que teñan máis dificultades ou atrancos para acceder a el".
A iniciativa, da que deu conta este xoves o goberno local nunha nota de prensa, pretende: "Vincular e amplificar a oferta de estudos universitarios, con criterio de interdisciplinariedade e en consonancia cos principios que inspira a educación continuada, como experiencia global que se desenvolve ao longo da vida de cada individuo".