Cristina Corbillón
8 de junio de 2021, 20:45
Fai apenas uns días, Xinzo mantiña a raia os casos de coronavirus na localidade. Así, dende o pasado 28 de maio, este municipio puña o seu contador a cero. Mantívose a estabilidade durante máis dunha semana. Sen embargo, esta tendencia mudou dende o pasado domingo, seis de xuño, cando se motificaban dous casos de coronavirus. Agora, dous días despois, o índice volve a subir ao notificarse un caso positivo. Hai en total tres casos diagnosticados de Covid - 19.