'O sol do verán' quenta tódolos anos en Sabucedo e en Xinzo de Limia. Se 'Deus sentado nun sillón azul' tivera a ben devolver a xuventude a Carlos Casares, aínda que foran so un par de horiñas, non recoñecería o entorno onde pasou moitos momentos.
En Sabucedo de Porqueira o 'Vento ferido' fixo que a día de hoxe perdera case toda a enerxía tanto económica como social e incluso a perda de vida tamén afecta a natureza. Xa non hai nin bares nin tendas, nin médico nin farmacia. Seguramente isto sorprenderíao, pero o que máis sería a pouca xente, a maioría xa moi maior que vive naquel lugar onde había tantas persoas.
Moi perto do forno don de xa non se coce pan, hai un placa na súa honra e iso gustaríalle pero no dia do patrón vería que o novo campo da festa baila solo. Iso si o Picouto aínda esta alí para sentarse a ver a Limia ou ler tranquilamente, nametras o aire xoga co cabelo 'Xoguetes para un tempo prohibido'.
'A galiña azul' que naqueles anos andaría toda farruca dende o Rial ata as Quintas saudando as da súa mesma especie e tamén os galos foran de Antioquía ou non, polas mañas cantaban cando xa na primavera e no verán os veciños estaban nas leiras.
A historia dun contemporáneo seu que puxo un pau da luz no comunal do pobo. Alí aniñou a cegoña. Ese veciño morreu e xusto naquel inverno nunha noite de ventisca caeu o chao pero conseguiuse polo en pé de novo. Non había mellor homenaxe. O mellor Carlos Casares que tanto lle gustaba os contos e a tradición oral faría unha nova versión que titularía A cegoña azul aniña na Limia.
En 'Á marxe' saíron moitos limiaus cas súas historias pasadas pola imaxinación do escritor. Hoxe as redes sociais quítanlle moito encanto. Quizais os que xa temos xeada nos cabelos teñamos nostalxia de tempos pasados e hoxe vémonos máis como fotocopias que como seres orixinais.
Ou tamén temos a pel mais sensible tanto para ser o que escribe un retrato como para ser o protagonista deste. Imos máis o seguro. É decir que hoxe en vez de 'A laranxa máis laranxa de tódalas laranxas' fariamos A pataca máis pataca de tódalas patacas.
Iso si o Picouto aínda esta alí para sentarse a ver a Limia ou ler tranquilamente, nametras o aire xoga co cabelo 'Xoguetes para un tempo prohibido'.
Cada época ten as súas circunstancias ao igual que cada muíño ten o seu muiñeiro. E se o Limia vai contaminado e case sen auga podemos pechar os ollos e pensar que en zonas como O Colchón aínda mozos e mozas se bañan e as ras cantan a banda sonora da comarca e as árbores non deixan ver O Toxal dende Sabucedo. A fantasía é un mundo onde escapar de cando en vez. 'Os soños de Clío'. Por soñar que non sea. Nestes intres de pandemias e guerras da gañas de perderse nun mundo paralelo.
Cada tempo ten as súas cousas boas e malas. El viviu unha época na que falar galego era “cosa de bárbaros”. Algúns escritores, cantantes, sacedortes, etc. souberon faguer un rexurdimento da lingua. Era bastante habitual que o pai e a mai falaran entre si na lingua galega e se dirixían os fillos e fillas en castelán.
Era como si cambiar de lingua fora o primeiro paso para triunfar na vida. Deixar as leiras por oficios nos que era imprescindible utilizar a lingua de Cervantes.
Agora o escritor comprobaría que o noso idioma segue no día a día, moito menos do desexable, falado por agricultores, mariñeiros e, como se decía antes, profesionais liberais.
A lingua e do pobo.
A obra de Carlos Casares tamén.
Manuel Fontemoura é escritor e director teatral.