jueves. 21.11.2024

OPINIÓN | Carta aberta de Carlos Gómez a Elvira Lama... Por alusións

Reunión dos populares o pasado luns en Xinzo.
Reunión dos populares o pasado luns en Xinzo.

Estimada Sra. Elvira Lama:

O pasado martes día 14 lamentábase vostede no Facebook por non ter sido informada da visita á nosa vila das deputadas e deputados do Grupo Parlamentario Popular do parlamento de Galícia.

En tono faltón, Sra. Alcaldesa, que non viña a nada, e mesmo burlesco cos representantes que somos dos cidadáns, critica vostede a presenza dos Parlamentari@s e, presa dunha infantil "pataleta", afirma que a visita foi unha “parodia” na que “non se abordaron ideas, proxectos e iniciativas para Xinzo ou para o resto da comarca Limia, ou  na defensa dos intereses do noso pobo. Pregúntolle eu, como chega vostede a esa conclusión Sra. Alcaldesa, ou é só por "mal-meter"?

Acostumada como está, Sra. Lama, a saír en todas as fotos, acompañada frecuentemente por representantes socialistas prometendo unha e outra vez as mesmas obras e inversións, que nunca se materializan por certo, nin se van a executar nestes tres meses que faltan para rematar a lexislatura -por moito que o xure e o re-xure vostede- nos importes que con fines electoralistas vai aumentando en centos de milleiros de euros a medida que se acercan as eleccións. Sen dúbida, recoñézao Sra. Alcaldesa, que o fai para ter algo que vender na campaña das municipais do 28 de maio; que para entón, como moito, porán vostedes algún carteliño anunciando o proxecto estrela de turno, a lo Gonzalo Pérez Jácome co seu proxecto do imperial parque acuático, e simulará que se empezan as obriñas para non quedar de mentireira, cousa que, por outra parte, no seu partido ultimamente é bastante frecuente. O tempo no lo dirá.

Pero xa que o pregunta, temo que a vou a decepcionar, Sra. Alcaldesa: Naturalmente que se falou e abordaron ideas, proxectos e iniciativas para Xinzo. Faltaría mais! E voullas contar para que se quede tranquila, e teña algo que comentar con coñecemento de causa:

Os deputados do Grupo Popular e o seu Portavoz interesáronse, como non podía ser doutro xeito, por coñecer os investimentos e proxectos que están en marcha ou que ten feito a Xunta de Galícia en Xinzo e a comarca. Persoalmente, Sra. Alcaldesa, faleille deles, e tamén solicitei apoio para os proxectos e demandas que ten o Partido Popular de Xinzo para a vindeira lexislatura.

Tome nota: NO ÁMBITO DAS DEMANDAS NOMEEI CATRO PRIORIDADES QUE TEMOS OS POPULARES LIMIAOS PARA A VINDEIRA LEXISLATURA:

- NO EIDO DA CULTURA: Construción e posta en marcha dun CENTRO MULTIUSOS e AUDITORIO MUNICIPAL no Campo da Feira, que será unha realidade na vindeira lexislatura cando os Populares recuperemos o Goberno Municipal.

- NO EIDO DA CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO E DEFENSA DA INDUSTRIA E O COMERCIO: Construción dun CENTRO DE INICIATIVAS EMPRESARIAIS e dun VIVEIRO DE EMPRESAS no parque de Xinzo.

- NO EIDO DA POLÍTICA SOCIAL: Falamos de retomar o proxecto demandado polo Alcalde Manuel Cabas no ano 2019 á Xunta de Galícia, para a CONSTRUCIÓN DUN NOVO XERIÁTRICO MUNICIPAL.

- Ou, no NO EIDO DO MEDIO RURAL E DO MEDIO AMBIENTE, tan importante para a nosa comarca, da urxente posta en marcha das medidas contempladas no Plan Estratéxico da Limia, coa MODERNIZACIÓN DO REGADÍO, a xestión sustentable dos residuos gandeiros e o seu procesamento coa CONSTRUCIÓN na Limia dunha PLANTA DE TRATAMENTO DOS XURROS no contexto dunha agricultura e gandería rendible e respectuosa co medio ambiente, que lle aporte ademais valor engadido aos nosos excelentes produtos. 

En canto as ACTUACIÓNS EN  EXECUCIÓN OU FINALIZADAS NESTA LEXISLATURA POLA XUNTA,  Sra. Alcaldesa, xunto co Portavoz fixemos unha valoración por sectores:

- NA AGRICULTURA E GANDERÍA, abordamos a situación do sector primario, que está a atravesar serias dificultades, entre outras causas pola suba dos insumos e dos custes enerxéticos do último ano, e falamos Sra. Lama, das achegas e solucións que no ámbito das súas competencias ten aportado a Xunta de Galícia, non só, pero fundamentalmente a través do PLAN ESTRATÉXICO DO SECTOR AGRARIO DA LIMIA que incorpora dúas actuacións.

O Plan extraordinario de melloras de camiños  dotado con UN MILLÓN DE EUROS, e o Plan de mellora e modernización do regadío da Limia cun investimento de SEIS MILLÓNS DE EUROS que se están executando para a construción, electrificación e bombeo dos 40 novos pozos para captación de auga

 - NO AMBIENTE, TERRITORIO E VIVENDA falamos da AMPLIACIÓN DO PARQUE EMPRESARIAL cun orzamento de TRES MILLOS E MEDIO DE EUROS para urbanizar 118.695 m², onde se crearán 23 NOVAS PARCELAS para instalación de novas empresas que fomentarán a tan necesaria CREACIÓN DE EMPLEO e riqueza en Xinzo e comarca. Nesta lexislatura, como vostede sabe, xa se consignaron, ademais, dúas partidas orzamentarias da Xunta de Galícia por 147.000€  para o asfaltado e mellora das vías e para a instalación de cámaras de vixilancia.

- NO EIDO DA SANIDADE valoramos moi positivamente a CREACIÓN E ADXUDICACIÓN DE TRES NOVAS PRAZAS NOS SERVIZOS DE ATENCIÓN PRIMARIA de Xinzo e Trasmiras, que vostede votou en contra, e que inclúen gardas no PAC empregándose a figura do facultativo especialista de atención primaria. Eliminando as vacantes nas prazas de difícil cobertura.

- A NIVEL DA ÁREA SANITARIA tamén valoramos moi positivamente o orzamento de CATRO MILLÓNS de euros para o Hospital Público de Verín para a CONSTRUCIÓN DUN NOVO EDIFICIO DE URXENCIAS E PUNTO DE ATENCIÓN CONTINUADA (PAC). E a INSTALACIÓN DE NOVA TECNOLOXÍA neste hospital, consistente nun novo TAC cun investimento de 301.108€, un ECÓGRAFO portátil por 26.602€, e un ECÓGRAFO DE RADIODIAGNÓSTICO por 87.120€

- NO EIDO DAS INFRAESTRUTURAS realizadas, comentamos a execución das obras recollidas no convenio asinado co Goberno do Partido Popular de Xinzo na anterior lexislatura, por DOUS MILLÓNS de euros para melloras urbanas e de mobilidade na Avenida de Celanova, Pista Sitibal e beirarrúas da Avenida de Madrid, que melloraron de forma substancial a calidade urbana e a mobilidade en Xinzo de Limia

- NO EIDO DA CULTURA destaquei e puxen en valor as AXUDAS PARA ORGANIZACIÓN DO ENTROIDO, de Interese turístico Internacional, por valor de 60.000 €. Tamén a accesibilidade e posta en valor da TORRE DE PENA por 225.000€,  ou a rehabilitación da REITORAL SANTA MARIÑA cun orzamento de 150,000

- NO EIDO DO EMPREGO E IGUALDADE falamos da implantación do PROGRAMA HYPATÍA DE ATENCIÓN A MULLERES VULNERABLES. A XUNTA de GALICIA investiu en global, no 2022, no Concello de Xinzo ao redor de 80.000 euros para o desenvolvemento de actuacións de promoción da igualdade, de conciliación e para o mantemento do seu Centro de Información á Muller (CIM).

- NO ÁMBITO COMARCAL puxemos en valor o apoio da Xunta de Galicia ao CDR O VISO con perto de 900.000€,  a través das Consellería de Política Socias e de Emprego e Igualdade, co financiamento de diferentes programas desenvolvidos por este Centro de Desenvolvemento Rural, dirixidos a persoal do ámbito rural, en moi diversas actividades: sanitarias, actividades saudables, apoio ás necesidades básicas das persoas, voluntariado ambiental, conciliación, coidado persoal e asistencia doméstica. Que son parte do gran traballo que desenvolve o CDR o VISO.

Sra. Alcaldesa, equivocouse vostede, o obxecto da visita do Grupo Popular non foi facer campaña, por iso con bo criterio e sensatez omitíronse estas ideas, proxectos e iniciativas na rolda de prensa. Nin o Portavoz nin os Deputados e Deputadas  viñan a outra cousa que non fose poñer en valor os Entroidos, nomeadamente o de Xinzo, como destacou o Portavoz Pedro Puy, dicindo que “o Entroido Limiao é o único que ten o recoñecemento internacional, o que converte a Xinzo na capital de Galícia desta festa”.

Manifestou ademais que era "unha honra visitar a vila nestas datas”, e agradeceu a todos os implicados no Entroido, nomeadamente a Comisión organizadora, aos colaboradores e veciños a súa participación, porque, "mantendo ano tras ano estas tradicións, conseguen que viva parte da nosa esencia popular, e axudan a dinamizar o sector turístico" e a economía local engado eu.

A visita, Sra. Lama, encadrábase dentro das actividades que os membros do Grupo Popular, e en todo caso no ámbito deste Partido, vimos facendo para coñecer de primeira man eventos que se celebran por toda a xeografía Galega. Nesta ocasión, ademais, os deputados do PPdeG trouxemos a Xinzo a habitual reunión de carácter interno que celebramos todos os luns para preparar a actividade parlamentaria da semana, á cal non tería sentido invitala a vostede.

E con absoluta normalidade, despois da reunión do luns, Sra. Alcaldesa, é habitual que o Portavoz, nun exercicio de transparencia, ofrézase aos medios de comunicación para responder ás súas preguntas e comentar dende a perspectiva popular temas de actualidade, que estaba marcada nesta ocasión pola manifestación en Santiago en defensa da Sanidade. Foi exactamente o que se fixo en Xinzo!

Finalmente, a media mañá, os deputados e deputadas, acompañados por Manuel Baltar, ex Vicepresidente do Parlamento e Presidente provincial do PP; por Antonio Fernandez, Portavoz Municipal dos Populares; e por Xavier Casares, Ex Deputado do PSdeG e Presidente da Fundación Carlos Casares; fixemos unha visita ao Museo do Entroido e á Exposición os Mundos de Carlos Casares.

Que por certo, pensando nesta colección “Casariana" e en DESALOXAR A PLANTA BAIXA DO MUGAE para dedicar o museo íntegramente a temas relacionados cos Entroidos Galegos, a Deputación Provincial leva na próxima modificación de créditos unha partida de 60.000€ para a adquisición dun edificio na Praza Maior de Xinzo que poida aloxar esta magnifica exposición.

Modificación de créditos na que estaremos moi atentos ao seu voto, porque non sería a primeira vez que vota vostede na Deputación de Ourense en contra de intereses dos veciños de Xinzo. Esperamos que nesta ocasión o faga a favor da concesión dos 60.000€.

Un cordial saúdo,

Carlos Gómez Salgado

Deputado do Parlamento de Galicia

Presidente da Xestora do Partido Popular de Xinzo

OPINIÓN | Carta aberta de Carlos Gómez a Elvira Lama... Por alusións