O actor Dani Rovira, como patrono e cofundador da Fundación Ochotumbao, atravesa hoxe a Comarca da Limia, acompañado polo resto de integrantes do reto "FinisteRett", co obxectivo de incrementar a visibilidade dunha enfermidade rara coñecida como enfermidade de Rett, unha grave doenza neurolóxica que afecta a unha de cada 10.000 nenas.
Hoxe pasaron por Vilar de Barrio. Unha parada máis da longa ruta en bicicleta que marcaron e coa que tamén buscan financiación para investigar e coñecer máis este peculiar síndrome que, como con moitas outras enfermidades raras, carecen de investimento por parte de institucións ou entidades privadas. Podes participar na páxina de Facebook de Mi Princesa Rett, onde recaudaron 500€, dun obxectivo total de 2000.