Rosa Trujillo e Lola Rico, da Escola Rural de Saúde da Limia, explican tres dos casos de doenzas que afectan especialmente a mulleres e que están "invisibilizadas para a medicina". Na xornada deste venres, organizada polo Consello da Cultura en Xinzo, falarase delas: fibromialxia, Essure e asbestose.