sábado. 23.11.2024

Representantes do Bloque Nacionalista Galego en todas as Administracións autonómicas reuníronse en Xinzo para esixir ao PP solucións inmediatas para un problema urxente. O BNG quéixase de que o Partido Popular abandona aos agricultores e propietarios das comunidades da zona sur do Concello de Xinzo despois de moitas promesas electorais que "non se cumpren e, estamos vendo, que non se van cumprir", di Camilo Vila, voceiro municipal do BNG.

 

O Partido Popular anunciou recentemente que modificaba o seu compromiso inicial, recoñecendo agora que só asumirá o 20% do IVE a repartir entre a Deputación Provincial e a Xunta de Galicia. Sonia Vidal, deputada autonómica do BNG, informou da presentación dunha iniciativa que será defendida na próxima sesión plenaria do Parlamento Galego, mentres que Bernardo Varela fará o propio na Deputación de Ourense.

Camilo Vila defende a urxencia de respostas políticas nun momento crítico onde a campaña de patacas comezou dun xeito accidentado pola meteoroloxía, cuestión que provoca, por exemplo, heteroxeneidade nos ritmos e ciclos das producións. O BNG defende a necesidade de medidas comprometidas coa "comarca máis produtiva a nivel agrogandeiro de Galicia" segundo Manuel Pozo, vicevoceiro municipal.

Camilo Vila e Manuel Pozo.

 

Así as cousas, o responsable comarcal da organización nacionalista, Marcos Nogueiras, declara a vontade do Bloque de apelar a todos os parlamentos: "defenderemos aos labregos e labregas nos concellos, na Deputación, na Xunta, no Estado e en Europa".

O BNG esixe ao Goberno da Xunta maior implicación cos regantes da Limia