martes. 03.12.2024

Segundo os datos aportados polo Sergas a día de hoxe, a meirande parte dos concellos da comarca da Limia estaban en cero positivos ao rematar o día de onte.

Así, o reconto na comarca arroxa uns datos totais de 17 casos, 14 deles adxudicados ao Concello de Xinzo de Limia, 2 ao de Sandiás, e 1 ao de Calvos de Randín.

Evolución epidemiolóxica

Analizando os datos da útima semana a nivel comarcal, podemos decir que houbo un repunte de casos, xa que o pasado sábado o total era de 14 positivos -Porqueira (1), Sandiás (2) e Xinzo (10)-; tres menos que hoxe. A principal diferencia radica na suba de casos en Xinzo de Limia, que pasou de 10 a 14 nunha semana.

 

CORONAVIRUS LIMIA - Os concellos da Limia -coa excepción de Xinzo, Sandiás e Calvos-...