Boas novas para os veciños e veciños da Limia, a totalidade dos seus once concellos conformantes está cada día máis preto de non rexistrar positivos derivados da Covid - 19. A declaración coma territorio libre de coronavirus podería ser unha realidade nos vindeiros días se as cifran continúan a disminuír.
Na xornada de hoxe, o Concello de Xinzo de Limia, que amosaba a maior cantidade de contaxios da comarca, baixaba notablemente os casos activos ata lograr a cifra de só dous positivos.
A vila do entroido consegue así igualar en cifras ao Concello de Porqueira, sendo ámbolos dous os municipios que máis casos de coronavirus presentan de toda a Limia. Detrás deles permanece Baltar, rexistrando só un contaxio dende fai unha semana.
A suma total de casos activos no territorio da Limia descende a cinco, sendo oito os concellos que non presentan cifras de contaxios nos seus resultados.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 21/10:
- Baltar: 1
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 2
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 0
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 0
- Vilar de Barrio: 0
- Vilar de Santos: 0
- Xinzo de Limia: 2 (-3)