25 de noviembre de 2021, 13:07
Tras varios días de sumar novos positivos na comarca, a tendencia ascendente ráchase rexistrando máis baixas que contaxios. A Limia suma hoxe só dous casos e resta catro ata contabilizar un total de 71 positivos en todo o territorio.
O Concello de Trasmiras, un dos que máis preocupaba, descence hoxe na súa taxa de contaxios con tres casos menos -rexistra 17 positivos- .
Sarreus tamén disminúe os seus casos activos, aínda que soamente nunha cifra. A vila pasa a contabilizar 10 contaxios.
Pola contra, Xinzo de Limia e Vilar de Santos, seguen a sumar novos positivos. Ambos os dous concellos incorporan un novo caso cada un ata obter 23 e 2 contaxios respectivamente.
O resto de territorios da comarca permancen estables.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 25/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 2
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 4
- Sarreaus: 10 (-1)
- Trasmiras: 17 (-3)
- Vilar de Barrio: 13
- Vilar de Santos: 2 (+1)
- Xinzo de Limia: 23 (+1)