sábado. 23.11.2024

O total de casos activos na zona de A Limia continua a presentar unha forte estabilidade. Non se rexistran picos nin baixadas notables tras a fin de semana.

O concello de Porqueira, que saía o pasado vernes da súa zona de cero postivos segue a presentar casos activos -tres en total no día de hoxe-. Sandías e Sarreus igualan cifras descendendo un positivo cada un e quedando en catro rexistrados. O sábado Vilar de Barrio duplicaba os seus casos -de tres a seis- cunha subida ao día seguinte dun só un caso novo. Calvos de Randín rexistraba o sábado dous positivos novos, deixando atrás a súa excelente cifra de cero rexistros.

Xinzo de Limia, que viña de experimentar un suave aumento de casos do xoves ao vernes, cambia a súa direción de novo e pasa de 30 a 29 positivos o fin de semana e de domingo a hoxe a 28 en total.

O resto de concellos da Comarca da Limia non presenta cambio algún. Baltar, Os Blancos, Rairiz de Veiga e Vilar de Santos mantéñense nunha excelente situación sen comunicar ningún caso activo.

Datos de positivos totais en Covid - 19 no 23/08:

  • Baltar: 0
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 2
  • Porqueira: 3
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 3
  • Sarreaus: 3
  • Trasmiras: 1
  • Vilar de Barrio: 7
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 28

CORONAVIRUS A LIMIA | Estabilidade de casos tras o fin de semana