Cristina Corbillón
12 de julio de 2021, 19:05
A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou hoxe unha concesión de 17.000€ para o Concello de Porqueira para cofinanciar un proxecto do IDAE (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía) de eficiencia enerxética no alumeado público. Esta axuda económica forma parte da concesión de 400.000€ para a execución de programas e proxectos no ámbito da cooperación local.