O GDR Limia-Arnoia colaborou na organización dun encontro no que participou un grupo de 20 expertos de toda Europa que pertencen ao Grupo Focal "Recuperación das terras agrarias abandonadas", da Rede Europea da PAC (EU CAP Network). Os expertos achegáronse ata a provincia ourensá onde coñeceron de primeira man os proxectos alaricanos de Ecoespazo O Rexo e a gandeiría de leite Ecoleia, mentres que en Boborás viron a aldea modelo do Penedo.
Ao longo do primeiro de semestre deste 2023, este grupo de expertos de toda Europa traballarán na identificación e na análise das iniciativas que reduzan o abandono das terras agrarias e tamén recuperar aquelas que xa o están. Abordarán os principais retos e oportunidades, así como as dimensión deste tipo de procesos: técnica e produtiva, social e institucional, ambiental e económica.
O GDR Limia-Arnoia mantense activo para que o abandono de terra agraria sexa menor, polo que a finais do ano pasado lanzaron o proxecto Aterra. Esta iniciativa ten como obxectivo impulsar novos proxectos agrogandeiros en todo o seu territorio de actuación, o que inclúe aos concellos da comarca da Limia.