jueves. 21.11.2024

A comarca da Limia comeza un novo día marcado polas baixas temperaturas, que obrigaron a Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET) a activar o aviso amarelo por frío durante esta noite. Todo o sur de Ourense mantén nivel de alerta ata as 10:00 horas, xa que as temperaturas mínimas poden superar os -4 graos.

Segundo MeteoGalicia, o valor máis extremo rexistrado en Galicia durante esta noite foi o de Baltar, onde os termómetros acadaron os -6,7 graos ás 6:40 horas deste martes e unha temperatura máis baixa ca rexistrada o luns, que foi de -5,8. Xinzo é outro dos concello onde o frío se segue a notar unha xornada máis, con -4,6 graos ás 8:40 horas, temperatura que está entre as cinco máis baixas de toda a comunidade.

Noutros municipios da comarca, as mínimas sitúanse en torno aos -4 graos como nos Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Sandiás, Sarreaus e Vilar de Santos. No caso de Trasmiras, os termómetros baixaron algo máis, mentres que o pronóstico para hoxe en Rairiz de Veiga e Vilar de Barrio é dunhas mínimas entre os -3 e -2 graos.

A previsión para os vindeiros días é que as temperaturas mínimas suban lixeiramente e agárdanse unhas poucas precipitacións na xornada do xoves, especialmente na tarde-noite.

NOTICIAS A LIMIA | A comarca comeza este martes con temperaturas de case -7 graos