viernes. 22.11.2024

A romaría da Saínza, o 24 de setembro, volverá a celebrarse despois de dous anos sen festa por causa da pandemia. A Deputación Provincial, atenta a unha data moi significada na Limia, anunciou hoxe que concederá unha subvención de 16.000 á organización.

A asociación cultural Amigos da Romaría da Saínza será a destinataria da axuda acordada na Xunta de Goberno deste martes, para “unha das festas de máis alto valor etnográfico”, segundo subliña Xosé Manuel Baltar, o presidente provincial, no comunicado de prensa posterior á reunión.

A subvención fai parte do capítulo de cooperación con entidades, no que se concederon tres achegas por un importe total de 95.000 euros (as outras dúas foron de 9.000 euros a favor da asociación cultural Unión Musical de Allariz para o Campionato Mundial de Gaitas; e 70.000 euros para a Academia Galega do Audiovisual).

A romaría da Saínza, en Rairiz de Veiga, está declarada como Festa de Interese Turístico Galego. Celébrase desde mediados do século XIX e inclúe unha representación dunha batalla entre mouros e cristiáns.

NOTICIAS A LIMIA | A Deputación concede 16.000 euros á Festa da Saínza