jueves. 21.11.2024

As datas de Nadal están cada vez máis próximas e todos os concellos elaboran variadas programacións para que a veciñanza desfrute destas festas. Dende actividades para os máis cativos, que pronto comezarán as vacacións, ata os maiores, que viven tamén con ilusión estas festas.

Ao longo da comarca hai un amplo calendario de actividades programadas por algúns dos seus concellos, que se poden consultar a continuación:

PORQUEIRA

26 de decembro

  • Visita dos cativos a Pazolandia, con saída ás 15:30 horas.

27 de decembro

  • Contacontos para os pequenos ás 18:00 horas.

29 de decembro

  • Os cativos van ao cine e a patinar. Sairán do Concello ás 11:00 horas.

2 de xaneiro

  • Andaina de Aninovo con saída ás 14:00 horas.

5 de xaneiro

  • Chegada dos Reis Magos a Porqueira ás 16:00 horas.
  • Chocolatada na residencia de maiores ás 17:00 horas.

 

TRASMIRAS

26 de decembro

  • Comezo do campamento de Nadal para os máis cativos, que rematará o día 30.

7 de xaneiro

  • Concerto da Banda de Música de Trasmiras e da Agrupación de Música Tradicional.

 

VILAR DE BARRIO

29 de decembro

  • Visita a Pazolandia, con saída ás 10:00 horas da Praza do Toural.

30 de decembro

  • Mercado solidario no Pavillón de Deportes a partir das 17:00 horas.

5 de xaneiro

  • Visita dos Reis Magos a aldea de Arnuide.

 

XINZO

26 de decembro

  • Chocolatada de Prolimia, na Praza Maior ás 17:00 horas.
  • Actuación circense, ás 18:00 horas na Praza Maior.
  • Concerto de Marta Bravo e Sergio Tannus ás 20:00 horas na Praza Maior.

27 de decembro

  • Globo aerostático de Prolimia, ao que se poderá acceder cun comprobante de compra nos comercios que participen na campaña. Estará todos os días na explanada do Toural a partir das 17:00 horas.
  • Actuación clown ás 18:00 horas, na Praza Maior.

28 de decembro

  • Globo aerostático de Prolimia.
  • Actuación do Mago Martín, ás 18:00 horas na Praza Maior.

29 de decembro

  • Globo aerostático de Prolimia.
  • Actuación de Broken Peach, ás 21:00 horas na Praza Maior.
  • Gala do Deporte, no Pavillón a partir das 19:30 horas..

30 de decembro

  • Actuación Payaso Popin ás 18:00 hora na Praza Maior.
  • Concerto de Nadal da ESMULI, na Igrexa Nova ás 20:00 horas

31 de decembro

  • Contacontos Eulali, ás 18:00 horas na Praza Maior.

2 de xaneiro

  • Actuación clown na Praza Maior, ás 18:00 horas.
  • Concerto de Xacobe Martínez Antelo Trío ás 20:00 hora na Praza Maior.

3 de xaneiro

  • Actuación do malabarista Isla Letriska na Praza Maior a partir das 18:00 horas.

4 de xaneiro

  • Xplicit Prods, de 10:00 a 00:00 horas na Praza Maior.

5 de xaneiro

  • Cabalgata de Reis ás 18:30 horas.
  • Recepción dos Reis Magos ás 20:00 horas na Praza Maior.

 

VILAR DE SANTOS

26 de decembro

  • Visita a Pazolandia, con saída ás 10:00 horas. Inscricións ata o xoves nos Servizos Sociais do Concello.

Do 26 ao 30 de decembro e do 2 ao 4 de xaneiro

  • Obradoiro de títeres no Museo da Limia.

5 de decembro

  • Representación da obra O Galo Quirico.

 

SANDIÁS

29 de decembro

  • O Nadal máis máxico, espectáculo familiar de maxia na Casa da Cultura ás 20:00 horas.

5 de xaneiro

  • Cantar de Reis, en colaboración co CDR O Viso, pola mañá.
  • Visita dos Reis Magos á cativada pola tarde.

 

NOTICIAS A LIMIA | A guía completa para desfrutar do Nadal na comarca