jueves. 21.11.2024

A Asociación de Produtores da Pataca da Limia, a Asociación de Empresarios, Gandeiros e Agricultores da Limia, o Sindicato Labrego Galego, a Federación Rural Galega e Unións Agrarias convocaron este sábado unha concentración de protesta para o próximo martes en Xinzo de Limia.

A manifestación terá lugar na praza Carlos Casares de Xinzo ás 12:00 horas da mañá. Os agricultores darán lectura a un manifesto no que se denuncia o encarecemento dos custes enerxéticos, o gasóleo, os abonos e os pensos.

No comunicado de prensa conxunto difundido esta mañá, os organizadores sinalan que o sector agrogandeiro da Limia “está pasar por un momento delicado ante a subida dos custes de produción” e explican que, nestas circunstancias, moitas explotacións poden ser inviábel a sementeira de novas colleitas.

No comunicado, os produtores piden “a solidariedade e o apoio de todos os sectores” para a protesta do próximo martes.

NOTICIAS A LIMIA | As organizacións agrarias convocan unha concentración en Xinzo para...