O Concello de Vilar de Santos lanzou onte a través das súas redes a convocatoria dun concurso público para a selección dunha praza de "chofer de tractor con rozadora do concello". Ofrece un contrato laboral temporal para obra ou servizo, de 40 horas por semana e cunha duración de 6 meses.
A convocatoria, a primeira que asina o novo alcalde, Antonio Míguez, foi publicada no Boletín Oficial da Provincia (BOP) o xoves día 10 de marzo. O prazo para a presentación de solicitudes é de 5 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación. É dicir, remata o xoves día 17. As persoas interesadas deben rexistrar a documentación requirida no Rexistro Xeral do concello, en horario de 9 a 14 horas.
No BOP do venres apareceu publicada unha convocatoria para unha praza de similares características en Calvos de Randín. Pídese "unha condutora ou condutor para un tractor rozadoira", e ofrécese contrato laboral a xornada completa cunha duración de 6 meses.
O concurso de méritos está abertos e as persoas aspirantes deberán entregar a documentación no no Rexistro do Concello de Calvos de Randín, en horario de 9.00 a 14.00 horas. Neste caso, o prazo remata o venres día 18. A convocatoria advirte que no caso de presentar a solicitude noutro organismo oficial, débese remitir "ao correo deste concello: [email protected]".