jueves. 21.11.2024

O Concello de Xinzo de Limia e o Concello de Sandiás acaban de informar da aprobación das bases de selección dos traballadores que formarán parte do Obradoiro Dual de Emprego Vía da Prata -ao seu paso por ámbolos dous territorios- .

O programa ten coma obxectivo principal o favorecemento da inserción laboral de persoas desempregadas de 18 anos en adiante mediante a oferta de 16 postos laborais adicados á realización de obras ou á prestación de servizos de interese xeral. Oito postos serán reservados para traballos de albanelería e outros oito para xardinería, Xinzo contará con 12 traballadores e Sandiás con catro. Para a duración do contrato establécese un máximo de nove meses dentro da modalidade dual de emprego e formación a xornada completa.

Para solicitar as prazas deberanse cumprir unha serie de requisitos comúns:

  • Ter nacionalidade española ou outra que veña disposta no artigo 57 do Real Decreto Lexislativo 5/2015 do 30 de outubro polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto Básico do Empregado Público, que permita o acceso ó emprego público como persoal laboral.
  • Non padecer ningunha enfermidade nin estar afectado por algunha limitación física ou psíquica que sexa incompatible co desenvolvemento das funcións do traballo ofertado.
  • Non ter sido expulsado mediante expediente disciplinario do servizo de calquera das Administracións Públicas ou dos Órganos da Comunidade Autónoma, nin estar nunha situación de inhabilitación absoluta ou especial para empregos ou cargos públicos.
  • Non estar afectado por algúns dos motivos recollidos na lexislación vixente sobre incompatibilidades do persoal ó servizo das administracións públicas.

Tamén se valorarán positivamente unha serie de requisitos específicos á hora da selección:

  • Ter 18 anos ou máis.
  • Ser unha persoa desempregada inscrita coma demandante de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia.
  • Cumprir as bases da normativa reguladora do contrato para a formación e aprendizaxe, en aplicación do previsto nos artigos 2 e 5 da orde do 31 de decembro de 2020.
  • Cumprir os requisitos de acceso para obter o certificado de profesionalidade de nivel 2.

Para máis información sobre as bases deberase visitar a páxina web do Concello de Xinzo ou do Concello de Sandiás.

No tocante ás obras de reforma e ampliación, en Xinzo levaríanse a cabo unha serie de actuacións que incluirían a mellora da pavimentación e accesiblidade das avenidas de Ourense e Rosalía de Castro, ademais do parque Pombal -concretamente nas vías de entrada e acceso do Camiño-. Tamén se rehabilitaría unha zona á beira do río Limia -ao lado do parque da Seara e da estrada de Baltar- co obxectivo de convertela nun parque urbano no que se incluiría unha parada de servicio para os peregrinos.

Ámbolos dous concellos solicitaran á Consellería de Emprego e Igualdade unha subvención para a posta en marcha da iniciativa e para a creaación dunha agrupación de xestión compartida. A Xunta ofreceu unha axuda de 277.556 euros que se correspondería co custo salarial dos 16 alumnos. Sandiás e Xinzo deberán financiar o 100 % das actuacións que realicen no seu territorio.

NOTICIAS A LIMIA | Xinzo e Sandiás ofrecen 16 postos laborais para a revalorización da...