O Consello da Xunta autorizou onte a sinatura dun convenio de cooperación entre a Consellería do Medio Rural de 12 concellos da comarca da Limia para levar a cabo actuacións de mellora nos viais agrarios da comarca. As obras enmárcansse dentro do Plan extraordinario de reparación de camiños, dotado dun orzamento de 600.000 euros.
A través da iniciativa procederase á reparación de diversos camiños de titularidade municipal, empregados principalmente polos agricultores e gandeiros locais. Os concellos beneficiarios serán: Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sandiás, Sarreaus, Trasmiras, Vilar de Barrio, Vilar de Santos, Xinzo de Limia e Xunqueira de Ambía.
As vías seleccionáronse priorizando aquelas localizadas en concentracións parcelarias, tamén as que dan acceso a un maior número de parcelas agrícolas ou explotacións agrarias e, en terceiro lugar, aquelas que teñen unha maior intensidade media diaria de vehículos agrícolas -ou con tramos cunha lonxitude mínima de 100 metros que se atopen en peores condicións- .
As obras de acondicionamento que levarán a cabo consistirán en limpar as gabias e a vexetación presente no camiño, en rehabilitar obras de fábrica xa existentes e en varrer e tapas as zonas que o precisen.