Cristina Corbillón
21 de junio de 2021, 22:34
O Concello de Sandiás e a Axencia de Turismo da Xunta de Galicia organizan unha visita guiada para conmemorar o V Centenario da Igrexa de Santo Estevo o próximo 24 de xuño ás 16:30 horas. Durará unha hora e o punto de encontro será na propia Igrexa.
Esta actividade é gratuíta, pero é necesario facer unha inscrición previa. É obrigatorio levar máscara e recoméndase levar roupa e calzado cómodos para a actividade.
Información:
Para facer as reservas pódese chamar ao 988 44 08 31 (Ext. 1) ou enviando un mail a [email protected]