Cristina Corbillón
30 de junio de 2021, 19:23
Dentro do Programa APROL RURAL 2021 houbo unha nova resolución dun posto de peón forestal. Para o desempeño deste traballo non se require titulación e non se valora experiencia. Todas as personas que están interesadas nesta oferta laboral deben estar inscritas na Oficina de Emprego de Xinzo de Limia. Asimesmo, teñen preferencia os colectivos con especiais dificultades de inserción laboral segundo os criterios establecidos na Orde da Consellerá de Economía Emprego e Industria:
- Mulleres
- Menores de 30 anos demandantes do primeiro emprego.
- Persoas paradas de longa duración.
- Persoas con discapacidade.
- Persoas desempregadas que esgotasen as prestacións e subsidios por desemprego.
- Persoas desempregadas maiores de 45 anos e Integrantes de colectivos desfavorecidos ou en risco de exclusión social, especialmente persoas beneficiarias da renda de integración social de Galicia.
O contrato laboral temporal é de nove meses para as labores indicadas nas bases reguladoras. Todos os que queiran participar neste proceso de selección teñen que pasar pola oficina de emprego de Xinzo ou polo concello.